Delegación de voto
Delegación de voto
Teñen dereito a voto todas as empresas asociadas que estean ao corrente no cumprimento das súas obrigas sociais. No caso de que non se poida asistir a citada Xunta, pódese delegar a súa representación en favor doutra empresa asociada a esta Mutua, a través de noso aplicativo mediante sinatura dixital: da persoa asociada, o seu representante ou persoa apoderada con poder suficiente, e especificando as instrucións para o exercicio do dereito de voto.
As condicións aplicables para a acreditación da lexitimación, a asistencia e o voto, tanto propio como por representación, serán as previstas nos artigos 26 e seguintes dos Estatutos sociais.
A representación acreditarase, se fose preciso, mediante a exhibición do Documento de asociación ou do Documento de proposición de asociación. A personalidade acreditarase mediante a exhibición de calquera documento válido en dereito.
Para resolver calquera dúbida ao respecto, os asociados poden contactar co seu interlocutor/a habitual de Mutua Universal.