Contribuímos á competitividade e produtividade dos teus clientes
O impacto da crise económica e o desenvolvemento das novas tecnoloxías, entre outros factores, están provocando un cambio estrutural no noso tecido empresarial. Compañías de calquera dimensión e sector precisan de solucións innovadoras e de elevada eficiencia para desenvolver e manter equipos de alto rendemento que contribúan a impulsar a súa competitividade.
Para garantir a súa continuidade, estes equipos deben manterse cohesionados, motivados e con boa saúde, co que a prevención de riscos e a axilidade na rehabilitación dos traballadores son procesos cada vez máis relevantes.
Dentro do marco legal vixente, desenvolvemos programas e actividades de asesoramento, orientación técnica e asistencia para que as túas empresas e autónomos poidan realizar unha xestión eficaz en materia de prevención de accidentes e enfermidades profesionais.
Para levar a cabo este labor, dispomos dunha rede de técnicos de prevención que actúan desenvolvendo plans anuais e que apoian as empresas, traballadores e autónomos en temas de prevención.