Consellos para a xestión de equipos durante a situación de crise ocasionada pola COVID-19
Cara a un liderado saudable

Publicado o: 16/04/2020

Estamos vivindo un cambio radical na organización do traballo a raíz da crise ocasionada polo novo coronavirus. As persoas e os equipos debemos adaptarnos a unha situación a un tempo que a construímos. E témolo que facer sen perder de vista a sostibilidade das organizacións.

A través da xestión desta crise, as liñas de mando das empresas teñen unha oportunidade excelente para promover unha cultura preventiva e fomentar unha organización saudable

Este escenario sen precedentes xera a necesidade de tomar decisións e resolver problemas de forma áxil e eficaz.

As persoas con responsabilidade sobre equipos son, nestes momentos, o nexo principal entre as persoas traballadoras e empresa, nun contexto en que a cooperación é aínda máis imprescindible. Polo tanto, as persoas responsables de equipos afrontan o reto de preocuparse e ocuparse dos aspectos relacionais e emocionais, sendo conscientes do efecto no desempeño e na implicación de todos, tanto na situación actual como para os requirimentos futuros.