Condicións xerais de acceso e uso da zona privada
Para cumprir co que se establece no artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, ponse de manifesto que MUTUA UNIVERSAL MUGENAT, Mutua Colaboradora coa Seguridade Social núm.10 (de agora en diante MUTUA), co CIF G08242463, ten o seu domicilio social e fiscal na av. Tibidabo, 17-19, 08022 Barcelona.
MUTUA está inscrita co número dez no Rexistro de Entidades Colaboradoras da Seguridade Social do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
MUTUA é titular do dominio de Internet www.mutuauniversal.net, do mesmo xeito que os subdominios ou portais dependentes deste ( de agora en diante os dominios). A dirección xeral de correo electrónico de contacto é info@mutuauniversal.net.
I. Aceptación de condicións
O usuario, ao completar o seu rexistro na zona privada de MUTUA, acepta a totalidade das súas condicións xerais de utilización do servizo aquí reflectidas, vixentes no momento da devandita aceptación.
MUTUA resérvase o dereito a modificar a presentación, configuración e condicións dos servizos prestados na súa zona privada (de agora en diante os "Servizos").
Así mesmo, MUTUA poderá modificar as condicións de contratación dos "Servizos", en cuxo caso, porase en coñecemento de cada un dos usuarios rexistrados, para a súa aceptación. Sen a devandita aceptación, non será posible utilizar ningún servizo da zona privada.
Cómpre destacar que os citados servizos non son accesibles para usuarios non rexistrados na zona privada da MUTUA.
II.- Rexistro de usuario e acceso aos servizos
II.1.- Recollida de datos de carácter persoal
De conformidade co que se establece na normativa vixente en materia de protección de datos, Mutua Universal-Mugenat, MCSS Núm. 10 (de agora en diante Mutua Universal), con NIF G08242463 infórmalle que a lexitimación do tratamento dos seus datos será o consentimento, e que se tratasen coas seguintes finalidades:
- Crear unha conta na Zona Privada de Mutua.
Os seus datos gardaranse durante o prazo mínimo de conservación establecido pola lexislación vixente, así como para a atención das posibles responsabilidades xurdidas do tratamento e só durante o prazo de prescrición destas.
Así mesmo, os datos obxecto do tratamento poderán ser comunicados a organismos públicos, entre outros ao Instituto Nacional da Seguridade Social, á Axencia Tributaria ou á Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
Informámolo/a de que pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e/ou portabilidade dirixíndose ao delegado de protección de datos (DPD) de Mutua Universal mediante un correo electrónico a protecciondatos@mutuauniversal.net ou ben por correo postal ao seguinte enderezo: Av. Tibidabo, 17-19, (08022) Barcelona.
Ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD), a través da súa páxina web: www.agpd.es
II.2.- Rexistro de usuarios
Para acceder á totalidade dos Servizos ofrecidos en cada momento na Zona Privada de MUTUA, será requisito previo rexistrarse como usuario mediante a formalización do formulario de rexistro que se encontra a disposición das persoas en www.mutuauniversal.net na ligazón "Zona privada" situado na páxina principal. O rexistro como usuario da zona privada da MUTUA ten carácter gratuíto.
O rexistro como usuario identifica a persoa como autorizada a acceder aos datos da empresa asociada ou do colaborador ao que estea vinculada.
II.3.- Acceso aos servizos
Logo de que a persoa se rexistrase como usuario, e despois da validación por parte da MUTUA, poderá acceder aos "Servizos" nas condicións que se establecen na zona privada da MUTUA e de conformidade coas disposicións legais que resulten de aplicación. O anterior sen prexuízo dos requisitos específicos de acceso que, se é o caso, se establezan para algún dos "Servizos".
A/s clave/s de acceso a “Os Servizos” ofrecidos na Zona Privada de MUTUA, son estritamente confidenciais. O usuario do servizo será responsable da custodia da/s clave/s de acceso e comprométese a adoptar as medidas necesarias para evitar o coñecemento ou uso non autorizado daquelas.
O usuario obrígase a exonerar a MUTUA de calquera responsabilidade que lle fose esixida por uso non autorizado ou fraudulento da/s clave/s de acceso, cando tal circunstancia se producise por incumprimento das obrigas de custodia e seguridade da/s dita/s clave/s por parte do usuario.
O usuario acepta expresamente equiparar xuridicamente o uso das claves establecidas no parágrafo anterior á súa sinatura, de xeito que as operacións realizadas se reputarán en todo caso válidas e entenderase que foron tramitadas polo usuario, producindo plenos efectos xurídicos.
III.- Condicións comúns aos "Servizos "
III.1.- Obxecto
Estas condicións teñen por obxecto regular a prestación dos "Servizos" por parte de MUTUA, así como a utilización destes polo usuario.
III.2.- Segredo das comunicacións e protección de datos de carácter persoal
Na prestación dos "Servizos" MUTUA garante o segredo das comunicacións de conformidade co previsto no artigo 18.3 da Constitución Española. Para tal fin, MUTUA comprométese a non facilitar ningún dato relativo á identidade do usuario, nin aos seus datos persoais, a excepción dos supostos en que legalmente estea obrigado.
MUTUA garante a confidencialidade da información transmitida polos usuarios para a prestación de servizos a través da Zona Privada de MUTUA, así como a observancia do previsto na normativa vixente en materia de protección de datos de carácter persoal. Estes datos son recollidos por un servidor seguro, de xeito que estas comunicacións se realizan de forma cifrada a través da rede mediante protocolo cifrado, sen que ninguén poida ver ou capturar os datos introducidos. MUTUA garante a autenticidade do servidor ao que se conectan, evitando que este sexa suplantado por terceiros.
O usuario recoñece ser informado de modo expreso, preciso e inequívoco, no momento da recollida dos seus datos de carácter persoal, dos dereitos de información que lle asisten que lle asisten de conformidade co previsto na normativa vixente relativa a protección de datos.
Para a prestación de servizos a través da Zona Privada de MUTUA cómpre que o usuario proporcione a MUTUA determinada datos persoais e de carácter profesional, MUTUA responsabilízase do cumprimento da normativa de protección de datos na súa condición de responsable do tratamento.
Para os efectos anteriores, MUTUA comprométese ao seguinte: A utilizar e aplicar os datos proporcionados polo usuario para os exclusivos fins da prestación de servizos solicitada polo usuario. A non comunicar nin ceder os datos a outra persoa, nin sequera para a súa conservación. A manter a máis absoluta confidencialidade sobre os datos persoais comunicados, así como os que resulten do seu tratamento. A gardar o segredo profesional dos datos e da prestación de servizo realizada. A adoptar as medidas de seguridade que correspondan en función dos datos a tratar, de conformidade coa normativa vixente.
III.3.- Compromiso de veracidade e actualización de datos
O usuario garante que, os datos facilitados a MUTUA para a prestación de “Os Servizos” solicitados, responden con veracidade á situación real e que comunicará calquera modificación que afecte aos mesmos. En consecuencia, o usuario responderá fronte a MUTUA e terceiros de calquera dano ou prexuízo ocasionado como consecuencia do incumprimento das obrigas asumidas nesta cláusula.
III.4.- Aceptación e incorporación de condicións
O usuario manifesta expresamente coñecer e aceptar plenamente e sen reservas, o contido das condicións xerais de acceso e uso do sitio web www.mutuauniversa.net incluídas no Aviso legal e, en particular, as relativas a exención de responsabilidade e reserva de dereitos en materia de propiedade intelectual e industrial a favor de MUTUA.
O usuario manifesta expresamente que coñece e acepta plenamente, e sen reservas, o contido das condicións de subscrición incluídas no formulario de alta como usuario de "Zona Privada".
III.5.- Responsabilidade do usuario
O usuario comprométese a utilizar os "Servizos" de acordo coa lei, a moral, a saúde, a orde pública e os bos costumes xeralmente aceptados, e a manter indemne a MUTUA de toda reclamación derivada do incumprimento de calquera das devanditas obrigas.
O usuario garante que posúe a titularidade, lexitimidade ou dereitos necesarios para o uso de cantos datos, gráficos, sinaturas, marcas, símbolos ou calquera outro signo que este inclúa no contido da comunicación que transmita para a prestación de servizos por MUTUA. En consecuencia, obrígase a manter indemne a MUTUA de calquera reclamación derivada do incumprimento das devanditas obrigas.
O usuario obrígase a utilizar os datos, textos, imaxes, informacións, gráficos ou ligazóns postos no sitio web para os exclusivos fins da contratación dos "Servizos", tanto se a titularidade corresponde a MUTUA, como a terceiros, e a non modificala, reproducila ou distribuíla en calquera forma. Con esta finalidade obrígase a manter indemne a MUTUA de calquera reclamación por vulneración de dereitos de propiedade intelectual, industrial, de protección de datos, dereitos fundamentais ou calquera outro que puidese resultar prexudicado como consecuencia do incumprimento destas obrigas.
III.6.- Utilización de cookies
A fin e efecto de monitorizar e mellorar a experiencia de usuario de “Os Servizos”, o usuario acepta a utilización de cookies analíticas de terceiros por parte de MUTUA. O detalle das mesmas encóntrase descrito na Política de Cookies.
III.7.- Lexislación aplicable e xurisdición
A prestación de servizos regulada nestas condicións, rexerase pola lexislación española. As partes sométense á xurisdición dos xulgados e tribunais da provincia de Barcelona (España).
IV.- Seguridade de Acceso e Contrasinais
IV.1.- Robustez de Contrasinais
Os contrasinais deben de ter unha lonxitude mínima de 12 caracteres e debe incluír 1 número, 1 letra maiúscula, 1 letra minúscula e 1 carácter especial (como @, #, %, &).
IV.2.- Caducidade e Cambio de Contrasinais
Os contrasinais de acceso á Zona Privada deberanse cambiar cada 181 días, non podendose repetir as últimas 5 contrasinais. O usuario será notificado da necesidade de cambiar o contrasinal antes de que expire o prazo anual.
IV.3.- Restrición de conta por inactividade
Calquera conta que permaneza inactiva durante un período de 180 días (sen actividade de inicio de sesión) será temporalmente suspendida como medida de precaución. Para reactivar a conta, o usuario deberá seguir o procedemento de recuperación de conta establecida.
IV.4.- Peche de sesión por inactividade
A sesión na Zona Privada finalízase automaticamente unha vez superado o período de inactividade de 30 minutos, requirindo unha nova autenticación para continuar coa sesión.
IV.5.- Número Máximo de Intentos de Inicio de Sesión
Co fin de protexer as contas contra accesos non autorizados, establécese o número máximo de intentos frustrados de inicio de sesión a cinco (5).
IV.6.- Procedemento de Desbloqueo de Conta
En caso de bloqueo de conta debido a exceso de intentos frustrados de inicio de sesión, o usuario poderá desbloquear a conta mediante o enderezo de correo electrónico asociada á conta ou comunicandose co servizo de atención ao usuario de MUTUA.