Como investigar as causas dunha enfermidade profesional
A normativa vixente en materia de prevención de riscos laborais establece a obriga da empresa de investigar os danos á saúde das persoas traballadoras, xa sexan ocasionados por accidentes de traballo ou por enfermidades profesionais.
O obxectivo desta investigación é determinar cales foron as causas que orixinaron o dano para poder actuar sobre elas, establecendo as medidas preventivas pertinentes e evitando así que o dano se volva producir no posto de traballo investigado, así como en todos aqueles postos con riscos similares.
O Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (INNST) publicou o 'Procedemento de investigación de casos de enfermidades profesionais' para axudar a levar a cabo as investigacións.