Como estimar a dose?
Cando nun posto de traballo, a pesar das medidas adoptadas, o nivel termo medio de radon medido supere o referente anual de 300 Bq/m3, deberase estimar a dose efectiva recibida pola persoa traballadora.
O Instituto francés INRS ofrece na súa web unha ferramenta en liña que permite estimar de maneira moi sinxela a dose recibida, unha vez coñecida a exposición a radon en lugar.
En función dos valores obtidos informa sobre as medidas de prevención e control que debe levar a cabo a empresa para controlar o risco de exposición a radon.