Clínica en liña
A Clínica en liña é un sistema de telemedicina implantado en todos os nosos centros, que ten como obxectivo garantir a equidade no acceso á medicina especializada e hospitalaria independentemente da situación xeográfica do paciente.
Ademais axiliza o diagnóstico e reduce os tempos de espera, o que repercute positivamente na calidade de vida do paciente e a súa familia e na eficacia da organización.
Os centros asistenciais de Mutua Universal teñen instalado un box con pantalla plana, cámara de alta definición con control remoto e CPU para a transmisión e recepción da información médica. O especialista pode visualizar probas diagnósticas, imaxes ou radiografías en tempo real para realizar un diagnóstico áxil e preciso.
Vantaxes para o paciente:
• Acceso inmediato aos especialistas desde calquera punto da rede asistencial.
• Rapidez diagnóstica.
• Axilidade e comodidade nas consultas.
Vantaxes para a empresa:
• Diminución dos tempos de espera asistencial.
• Redución do tempo de baixa por desprazamentos sanitarios.
• Incremento na produtividade.
Plataforma de intercambio e xeración de coñecemento
As posibilidades que ofrece o modelo de telemedicina de Clínica En liña supoñen tamén cambios importantes no desenvolvemento da propia profesión médica por parte dos especialistas, que redunda na calidade da atención ao paciente:
• Alto grao de autonomía profesional.
• Continuidade entre os niveis asistenciais.
• Fomento dunha comunidade de coñecemento.
Nace a Clínica En liña Empresa
A efectividade de Clínica En liña e a experiencia acumulada nos centros propios permitiu a Mutua Universal estender o servizo ás compañías asociadas con Servizo Médico de Empresa (SME):
• Os traballadores poden ser atendidos e diagnosticados nas súas propias instalacións.
• O tratamento iníciase canto antes e redúcense todos os tempos.
• Interacción en tempo real entre o SME e o cadro médico de Mutua Universal para compartir probas médicas, ofrecer prescricións en liña
e autorizacións de probas, seguir a evolución dos casos ou participar en sesións clínicas de equipos multidisciplinares (SME, cadro de Mutua
Universal e especialistas externos).