Clínica En liña Empresa
Clínica En liña é un sistema de telemedicina de altas prestacións, exclusivo de Mutua Universal que, nunha clara aposta pola innovación ao servizo da saúde e benestar da nosa poboación protexida, estendemos tamén ás nosas empresas asociadas.
Clínica En liña Empresa é un servizo pioneiro que contribúe a mellorar a competitividade das empresas, xa que repercute na saúde laboral e reduce desprazamentos e trámites administrativos.
Un modelo asistencial que potencia o Servizo de Vixilancia da Saúde (SVS)
- Un sistema óptimo para mutualistas.
 - Un modelo consolidado e de probado éxito: máis de 35.000 consultas desde a súa implantación no ano 2011.
 - Unha metodoloxía de fácil implantación nos diferentes centros do SVS.
 - Investimento mínimo.
 - Aforro de tempos e custos.
 - Dentro do máis estrito cumprimento da normativa legal.
 
Clínica En liña universaliza o servizo asistencial para empresas
Clínica En liña Empresa permite conectar o Servizo de Vixilancia da Saúde (SVS) da empresa asociada co persoal profesional de Mutua Universal que se encontra nos centros asistenciais e áreas de control hospitalario. Desta maneira, a persoa traballadora protexida é atendida sen necesidade de saír da súa propia empresa.
- Realización de consultas médicas ou de enfermaría do SVS da empresa con Mutua Universal.
 - Posibilidade de compartir a información clínica sen desprazamentos e valoración de casos mediante consultas SVS / Mutua Universal.
 - Posibilidade de realizar a primeira visita de traballador ou traballadora en centros de Mutua Universal, conxuntamente co SVS.
 
Innovación práctica e relevante para empresas e persoas traballadoras
- Interacción en tempo real entre o Servizo de Vixilancia da Saúde (SVS) e o cadro médico de Mutua Universal.
 - En caso de accidente, consulta inmediata para valoración inicial paciente.
 - Compartir probas médicas (informes, radiografías, imaxes, etc.) nos supostos anteriores.
 - Ofrecer prescricións médicas en liña.
 - A persoa traballadora recibe un tratamento integral na primeira visita: diagnóstico, informes, medicación.
 - Aforro de tempo e eliminación de trámites administrativos: encóntrese onde se encontre, a persoa obtén o diagnóstico inicial do noso cadro de especialistas de forma rápida e eficaz, evitando desprazamentos innecesarios e ausencias.
 - Conexión entre profesionais dos SVS e consultores e consultaoras para discusión de patoloxías en xeral.
 - Investimento mínimo para un aforro de tempo e custos a curto prazo, con retorno do investimento.
 - Sistema que cumpre estritamente a normativa legal.
 - Modelo asistencial consolidado e de probado éxito, cunha metodoloxía efectiva de fácil implantación nos centros da empresa.
 - Sistema de xestión que contribúe a mellorar a competitividade da empresa: mellora a saúde laboral e reduce os trámites administrativos.
 
Todo iso, supón un aforro en tempos de desprazamento e asistenciais, dunha forma segura, fácil e confidencial.
Queres máis información sobre o servizo Clínica En liña para empresa?

