Cláusula Protección de datos Videoidentificación

Publicado o: 27/07/2023

De conformidade co que se establece na normativa vixente en materia de protección de datos, Mutua Universal-Mugenat, MCSS Núm. 10 (de agora en diante Mutua Universal), con NIF G08242463, como responsable do tratamento, infórmalle que a lexitimación do tratamento dos seus datos é o consentimento, e que se tratarán coas seguintes finalidades:

  • Identificar e acreditar os traballadores protexidos por Mutua Universal para a comunicación e realización de trámites electrónicos,

Os seus datos gardaranse durante o prazo mínimo de conservación establecido pola lexislación vixente, así como para a atención das posibles responsabilidades xurdidas do tratamento e só durante o prazo de prescrición destas.

Así mesmo, os datos obxecto do tratamento poderán ser comunicados a organismos públicos, entre outros ao Instituto Nacional da Seguridade Social, á Axencia Tributaria ou á Tesouraría Xeral da Seguridade Social. 

Informámoslle que pode revogar o seu consentimento e / ou exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e / ou portabilidade dirixindose o delegado de Protección de Datos (DPD) de Mutua Universal mediante correo electrónico a protecciondatos@mutuauniversal.net, ou ben por correo ao seguinte enderezo: Av. Tibidabo, 17-19, (08022) Barcelona. 

Ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD), a través da súa páxina web: www.aepd.es