Benestar psicolóxico e estrés

Publicado o: 12/11/2018

Manter unha boa relación connosco mesmos e co que nos rodea é fundamental para sentirnos ben.

O benestar está moi relacionado coas formas en que as persoas afrontan os retos vitais. Cando nos sentimos ben, temos máis motivación para coidarnos, alimentarnos mellor ou manternos máis activas fisicamente; e a un tempo cando levamos un estilo de vida que incorpora unha alimentación sa ou un descanso axeitado, por exemplo, isto fai que experimentemos con máis probabilidade emocións positivas.

Xestionar o estrés é ter control sobre a propia vida, ser capaz de manexarnos de forma efectiva e garantir un funcionamento persoal óptimo.

É de vital importancia axudar as persoas a saber manexarse ante situacións de estrés.