Beneficios para a familia

Bneficios cando máis se nos necesita
Comprometémosnos a que cada empregado e as súas familias accedan a servizos e prestacións sociais para axudarlles a superar as posibles secuelas causadas por que se puidesen producir a causa dun accidente de traballo ou enfermidade profesional.
-
Axudas sociais
2014 3.478 solicitudes, 1.923 familias atendidas, 1,6m€ valor en axudas -
Programa de reinserción laboral
Reinserción laboral de traballadores afectados cun grao de incapacidade que lles imposibilita volver desempeñar a súa actividade ou perderon o seu emprego e encóntranse en situación de risco de exclusión social. Ofrecemos orientación laboral, busca de ofertas laborais, valoración e tramitación de axudas sociais para a realización de cursos de formación, “itinerarios formativos” individualizados e apoio psicolóxico -
Programa adaptación posto de traballo
Ofrecemos asesoramento para a adaptación do posto de traballo e o cumprimento do marco legal relativo á contratación de persoas discapacitadas ou á adopción de medidas alternativas -
Apoio psicolóxico ás familias
As traballadoras sociais xestionan a axuda psicolóxica, mediante profesionais seleccionados, destinada principalmente a familias afectadas polo falecemento ou accidente grave dun traballador e as secuelas que poida presentar -
Prestacións especiais
Atende as peticións de axuda das familias afectadas por un accidente de traballo ou enfermidade profesional: adaptación da vivenda ou o vehículo, adquisición de material especial, atención domiciliaria ou vixilancia hospitalaria, axudas económicas puntuais no caso de falecemento, incapacidade permanente ou ingresos insuficientes durante a incapacidade temporal, bolsa de estudos para fillos de traballadores falecidos, atención psicolóxica especializada, gastos de coidador ou acompañante e gastos de enterro