Autónomos, unha resposta diferenciada

Publicado o: 12/01/2016

Somos conscientes de que o teu tempo é esencial para ti e debes dedicalo á túa actividade profesional. Unha baixa é un custo económico. Calquera trámite ou xestión administrativa non che achega valor. Por esta razón, creamos un modelo de asistencia médica pensado para ti. Áxil, flexible e adaptado ás túas esixencias.

O noso interlocutor único sempre estará ao teu lado

Poderás contar cun interlocutor que será a túa persoa de confianza na nosa organización. Vaite acompañar en todo momento para axilizar e simplificar a relación diaria connosco, atendendo as túas solicitudes e consultas para darche a resposta máis rápida e axeitada.

Vaite asesorar sobre as coberturas que tes contratadas, as prestacións ás que tes dereito e indicarache os centros asistenciais onde debes acudir. Estará sempre á túa disposición para dar resposta a calquera dúbida ou consulta.