Artigo 5.
Artigo 5. Exención na cotización a favor dos traballadores autónomos que percibisen algunha modalidade de prestación por cesamento de actividade ao abeiro do que dispón o RD-lei 2/2021
Será aplicada de oficio pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
A partir do 1 de xuño de 2021, terán dereito á exención das súas cotizacións os traballadores autónomos de alta no RETA ou no Réxime Especial da Seguridade Social de Traballadores do Mar, que viñesen recibindo algunha das prestacións por cesamento de actividade prevista no art. 6 e 7 do Real decreto-lei 2/2021, do 26 de xaneiro. (art. 6. Prestación extraordinaria de cesamento de actividade para aqueles traballadores autónomos que non poidan causar dereito á prestación ordinaria de cesamento de actividade prevista no artigo 7 deste real decreto-lei ou á prestación de cesamento de actividade regulada nos artigos 327 e seguintes do TRLGSS e art. 7 prestación por cesamento de actividade compatible co traballo por conta propia).
O disposto neste precepto será de aplicación aos traballadores autónomos que esgoten as prestacións ás que se refire o artigo 6 deste real decreto-lei (prestacións por cesamento de actividade por unha suspensión temporal da actividade como consecuencia dunha resolución da autoridade competente), a partir da finalización das exencións ás que se refire o apartado 4 dese artigo e ata 30 de setembro de 2021.
Contías da exención:
- 90 % das cotizacións correspondentes ao mes de xuño.
- 75 % das cotizacións correspondentes ao mes de xullo.
- 50% das cotizacións correspondentes ao mes de agosto.
- 25% das cotizacións correspondentes ao mes de setembro.
A base de cotización para determinar a exención será a base pola que viña cotizando o traballador autónomo antes de acceder á prestación por cesamento de actividade.
Requisitos:
Para que sexan aplicables estes beneficios de na cotización deberán manter a alta ata o 30 de setembro de 2021.
Incompatibilidades:
A percepción da prestación por cesamento de actividade en calquera das súas modalidades será incompatible coa exención na cotización establecida neste precepto.
Exencións indebidas:
A obtención das exencións contempladas neste precepto que resulten indebidas como consecuencia da perda do dereito ás prestacións de cesamento de actividade contemplada nos artigos 6 e 7 do Real decreto-lei 2/2021, do 26 de xaneiro, dará lugar á revisión de oficio por parte da entidade ou organismo competente.