Acordos de colaboración con outras mutuas
Asepeyo
Concerto setembro 2015
Este acordo de colaboración inclúe a asistencia ambulatoria, recuperadora e as probas complementarias para a prestación médica por accidentes de traballo e enfermidades profesionais. Tamén permitirá a realización das actividades de control e seguimento da situación de incapacidade temporal derivada de continxencias comúns.
Mutua Intercomarcal
Concerto 28 de xuño de 2010
Acordo global para a asistencia sanitaria en todos os centros asistenciais de ambas as dúas mutuas en todo o territorio nacional.
Mutua Fremap
Concerto 29 de xullo de 2010
Prestación de asistencia sanitaria aos traballadores de Mutua Universal en Melilla
Concerto 21 de outubro de 2010
Utilización do centro hospitalario da Fremap na cidade de Vigo.
Mutua Fraternidad
Concerto 21 de outubro de 2010
Acordo global para complementar redes asistenciais de ambas as dúas mutuas que inclúe máis de 60 centros asistenciais.
Mutua de Accidentes de Canarias (MAC)
Acordo marco de colaboración cuxo obxecto é a prestación de asistencia sanitaria recíproca aos traballadores protexidos nas instalacións sanitarias propias que ambas as dúas mutuas determinen dentro do ámbito xeográfico das Illas Canarias.
Mutua de Accidentes de Zaragoza (MAZ)
Colaboración en materia de asistencia sanitaria na provincia de Teruel e Zamora, e nos centros que nun futuro se determinen no ámbito nacional.
Mutua Umivale
Concerto 31 de marzo de 2015
Acordo global para complementar redes asistenciais de ambas as dúas mutuas en Castela e León, Castela-A Mancha, Estremadura, Canarias e a Comunidade Valenciana.
Mutua Activa Mutua
Concerto 1 de decembro de 2014
Acordo global para colaborar na recíproca prestación de asistencia sanitaria nas instalacións sanitarias propias que ambas as dúas mutuas determinen, aos traballadores protexidos por continxencias profesionais.