Recursos humanos

Publicado o: 03/08/2015

Equipo humano, motor da excelencia

Distribuídos por todo o territorio español, os 1.831 empregados de Mutua Universal proporcionan servizos e asistencia sanitaria. O capital intelectual é o motor do noso modelo e, por iso, a Entidade pon os medios necesarios para potencialo, con programas de formación continua.


Estratexia e organización

Recoñecidos pola nosa calidade asistencial e capacidade de xestión, afrontamos un proceso de adaptación aos cambios no sector polo impacto da crise económica e a reforma lexislativa. A adaptación consistiu en orientar a súa actividade á esencia actual das mutuas, integrando as necesidades da saúde da empresa –como colaborador estratéxico na mellora da produtividade e competitividade– e a vocación histórica de atención á saúde do traballador.


Innovación e talento, motores de desenvolvemento

Os dous piares do modelo de saúde integral que desenvolve Mutua Universal son: A aposta pola innovación e a tecnoloxía na implantación e evolución dos seus servizos e produtos.

A formación continua do seu equipo humano, tanto na asistencia médica como no coñecemento da realidade socioeconómica do país e das necesidades das empresas. Co obxectivo de atender ambos os dous principios, Mutua Universal desenvolveu nos últimos anos unha potente solución tecnolóxica que integra todas as aplicacións informáticas da organización nun único sistema de xestión. Esta plataforma permitiu a implantación dunha nova metodoloxía de traballo orientada a procesos, con obxecto de alcanzar unha maior eficiencia e desenvolver o traballo en equipo.

Cadro de persoal Mutua Universal

Traballa connosco

Recursos humanos

Realizamos procesos de selección de forma continua. Envía o teu currículo a seleccion@mutuauniversal.net e asegura a túa inclusión na nosa base de candidatos.

*Mutua Universal cumpre estritamente coa lexislación actual en materia de protección de datos. Os teus datos son tratados cunha total confidencialidade. Podes coñecer a nosa política de privacidade premendo aquí