A nosa historia

Publicado o: 21/09/2015
Historia de Mutua Universal
1900
Primeira lei que obriga as empresas a indemnizar os seus empregados en caso de accidente laboral. Nacen as primeiras mutuas.
1907
Fúndase Mutua General de Seguros – Ramo de Accidentes de traballo, orixe de Mutua Universal.
1932
Os seguros de accidentes de traballo pasan a ser obrigatorios. Son xestionados conxuntamente polas mutuas e polas compañías privadas de seguros.
1939
Mutua Universal é pioneira na creación dun departamento para a prevención de accidentes.
1961
O seguro de accidentes de traballo inclúe a cobertura de enfermidade profesional.
1967
A Lei de bases da Seguridade Social abre unha nova etapa das mutuas como entidades colaboradoras da Seguridade Social.
1972
Mutua Universal crea o Servizo de Prevención de Riscos Laborais.
1990
A Lei do PXC dá ao sector público e ás empresas liberdade para concertar o risco de accidente de traballo e enfermidade profesional. As mutuas pasan a denominarse “mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social”.
1993
Mutua General cambia a súa denominación por Mutua Universal.
1993
Os traballadores por conta propia poden concertar opcionalmente cunha mutua a prestación económica da incapacidade temporal.
1994
As mutuas asumen por lei a prestación económica derivada da incapacidade temporal por continxencias comúns.
1996
Mutua Universal inicia o desenvolvemento da historia clínica electrónica para a xestión do historial dos seus pacientes.
1998
Obrígase aos autónomos a formalizar cunha mutua a opción de prestación económica de incapacidade temporal.
2002
Mutua Universal inaugura o Laboratorio de ergonomía e biomecánica, pioneiro en España e o primeiro dunha mutua de accidentes de traballo.
2004
As mutuas amplían as súas competencias para cubrir as continxencias de accidente de traballo e enfermidade profesional dos autónomos.
2006
Recoñecemento ao labor preventivo de Mutua Universal no centenario da Inspección de Traballo e Seguridade Social.
2011
Mutua Universal pon en funcionamento a Clínica en liña.
2011
As mutuas asumen a xestión da cobertura por Cesamento de actividade dos traballadores autónomos.
2015
Entra en vigor a chamada “Lei de mutuas”, co obxecto de modernizar a súa xestión e funcionamento. Pasan a denominarse “mutuas colaboradoras coa Seguridade Social”.