Que podemos facer?
Hábitos para afrontar unha situación excepcional e temporal

Publicado o: 16/03/2020

En situacións de emerxencia necesitamos aferrarnos ao coñecido, seguro e predicible; cando existe un cambio brusco nos nosos hábitos, o cerebro se desorienta, necesita estabilidade e volver á súa rutina. Podemos axudarlle organizando pequenas actividades diarias en espera de recuperar a normalidade.

Para estes momentos as prioridades fundamentais céntranse naquelas rutinas que axudan a preservar a saúde psicofísica: garantir unha conduta alimentaria ordenada e saudable, xerar actividade durante o día, descansar para recuperarnos do esforzo físico-emocional a través do sono, e canalizar a enerxía ou tensión a través de actividade física, manual ou de distracción.  

É importante que realicemos rutinas que nos poden axudar nesta situación: rutinas básicas, de actividade, de información, de traballo a distancia, sociais, de convivencia e autocoidado.