Interlocutor único

Publicado o: 23/12/2015

En Mutua Universal ofrecemos a figura do interlocutor único, persoa de referencia que te acompañará en todo momento na túa relación diaria connosco, atendendo as túas solicitudes e consultas para darche a resposta máis rápida e axeitada ante cada situación.

Será o teu referente para xestionar a relación global con Mutua Universal e coordinar os servizos prestados, así como o responsable de implementar os proxectos adaptados á peculiaridade da empresa.

Xestor único

Esta figura é especialmente útil e interesante para aquelas empresas que polas súas características, complexidade e relevancia requiren unha atención diferenciada e personalizada para unha maior coordinación na prestación de cara a optimizar os procesos e servizos. O interlocuto único é o responsable de coordinar os servizos prestados e de implementar os proxectos adaptados á peculiaridade de cada empresa.


Modelo de xestión do accidente de traballo

  • Plan de xestión do accidente de traballo consensuado coa dirección da empresa.
  • Elaboración dun plan de acción conxunto entre a empresa e Mutua Universal fixando obxectivos comúns e tendo en conta as características específicas da empresa.
  • Reunións de seguimento e coordinación coa área de recursos humanos da empresa / servizo médico / servizo de prevención de riscos laborais.
  • Inmediatez na resposta ás súas consultas ou solicitudes. 
  • Resolución áxil e eficaz de incidencias coordinando accións coas demais áreas funcionais.
  • Asesoramento técnico en todo o referente ás diferentes prestacións xestionadas polas mutuas, así como das normas legais que afectan ás devanditas prestacións.