Trucos para comer ben durante o coronavirus

Nestes días excepcionais onde todo é moi cambiante e temos que adaptarnos a novas situacións non podemos descoidar a nosa alimentación. Esta ten que ser variada xa que é fundamental para o noso benestar físico e mental.
Despois dunhas cantas xornadas na casa, as ideas vanse esgotando e podemos caer na tentación de descoidar a nosa dieta.
Así que aquí van algúns consellos para non esquecer os alimentos indispensables estes días:
Verduras, froitas e hortalizas
As verduras, as froitas e as hortalizas son un dos nosos mellores recursos para estes días. Achegan moitos dos nutrientes que necesitamos e axúdannos a facer dixestións lixeiras.
Ademais, as verduras e hortalizas ultraconxeladas ou en conserva son unha magnífica opción que che permite almacenar sen ter que saír a comprar a miúdo estes días de confinamento.
Podes innovar con ensaladas que nunca tiveches tempo de preparar polo ritmo frenético do día a día, cremas de verduras, facer woks… e para merendar unha brocheta de froita, é unha opción divertida.
Legumes
Tomache o teu tempo para preparar unhas lentellas caseiras e tamén podes aproveitar para engadiras á túa ensalada. Os garavanzos tamén son unha boa opción para comer en frío ou para facer hummus, por exemplo.
Peixe, carnes, ovos e lácteos
Son alimentos básicos e necesarios. Así que recorre a eles para ter unha alimentación variada. Engade ovo duro ás túas ensaladas, fai tortillas de verduras… e combinao con iogures, queixo ou leite.
No referente á carne prioriza a carne branca (polo, pavo, coello…) e entre os peixes nestes días aumenta o azuis, achegaranche máis vitamina D. Tanto as carnes coma os peixes podes consumiros conxelados.
Pasta e arroz se é posible integral
Non abuses destes alimentos, lembra que nestes momentos de traballar e convivir na casa, fai que diminúa o gasto enerxético, consumeos ao mediodía, podes usalos como gornición ou como prato principal, por exemplo en ensalada.
Hidratache
Non esquezas que é importante seguir bebendo a cantidade recomendada de auga. Así que evita os refrescos e hidratache de maneira constante ao longo do día.
Picoteo saudable
É probable que estes días o teu reloxo alimenticio sufrise variacións. Lembra que é importante manter a orde e realizar as tres comidas principais do día. Evita comer a deshoras e mantente a raia co picoteo.
Se aínda así necesitas comer algo entre horas, aquí tes algúns exemplos saudables:
- Flocos de millo feitos na casa (millo + aceite de oliva + chisco de sal)
- Guacamole + pauciños de cenoria e / ou de cabaciña ou/e de cogombro ou con tostaditas integrais
- Hummus de garavanzo, remolacha, lentella + pauciños de cenoria ou de cabaciña, con cogombro ou con tostaditas integrais
- Puñadito de Froitos secos (pistachos, noces, abelás, améndoas)
Planifica a compra
Revisa a despensa antes de saír, aproveita o que tes ao fondo do conxelador, organizache para non comprar en varios días.
É un bo momento para aprender a cociñar. Ou para facero en familia.
Proba nova receitas, innova!!!