Como investigar as causas dunha enfermidade profesional

Publicado o: 19/10/2022

A normativa vixente en materia de prevención de riscos laborais establece a obriga da empresa de investigar os danos á saúde das persoas traballadoras, xa sexan ocasionados por accidentes de traballo ou por enfermidades profesionais.

O obxectivo desta investigación é determinar cales foron as causas que orixinaron o dano para poder actuar sobre elas, establecendo as medidas preventivas pertinentes e evitando así que o dano se volva producir no posto de traballo investigado, así como en todos aqueles postos con riscos similares.

O Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (INNST) publicou o'Procedemento de investigación de casos de enfermidades profesionais'para axudar a levar a cabo as investigacións. 

Materiais que Mutua Universal pon á túa disposición