Guía para a investigación de enfermidades profesionais

Publicado o: 03/11/2022

guía investigacion enfermidades mutuas universalMutua Universal elaborou unha 'Guía para a investigación de Enfermidades Profesionais' co obxectivo de axudar as empresas asociadas no cumprimento legal de investigar as causas das enfermidades profesionais ou relacionadas co traballo que se puidesen producir no seu persoal. 

Tomando como base o documento do Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (INSST) 'Procedemento de investigación de casos de enfermidades profesionais', esta guía facilita a posta en práctica do devandito procedemento, ofrecendo unha descrición resumida do proceso de investigación proposto polo INSST, así como da estrutura e contido do informe das causas que se debe xerar como resultado.

A guía de Mutua Universal expón a situación actual das enfermidades de orixe laboral e os aspectos legais relacionados, así como a importancia da súa xestión.

Tamén aborda a descrición do proceso de investigación, identificando as distintas accións a levar a cabo na empresa, os actores implicados e as súas funcións.

Ademais, a guía describe o contido que, de acordo co procedemento de investigación proposto polo INSST, debería conter o informe que canda a identificación das causas da enfermidade de orixe laboral debe propor as medidas preventivas a implementar na empresa para controlar os riscos no posto de traballo investigado e en todos aqueles con riscos similares, co fin de previr que o dano se volva a materializar. 

Publicado o: 03/11/2022

Contacta co teu técnico/a

de prevención de Mutua Universal

para obter o documento e

asesoramento