Modelo blog

Prevención no teu posto de traballo

Temas: Saúde
Publicado o: 25/09/2018
prevencion-horario-salud

A maioría das horas activas de noso día a día pasámolas no noso posto de traballo e, se traballas nunha oficina, estas horas transcorren sentados nunha cadeira.

Polo menos ti estás sentado! Dinnos os nosos amigos. Pero non é tan bo como parece.

O feito de pasarse sentado 7 ou 8 horas diarias ten os seus riscos e pode afectar á nosa saúde máis do que cremos.

Por iso, hoxe querémosche explicar que podes facer para previr dores de lombo, de pernas ou do que sexa que che doe cando o teu corpo se converte en parte da túa cadeira de oficina. Así é como debería ser o teu posto de traballo:

 

PC: a pantalla do teu ordenador ten que estar fronte a ti e a súa altura debe superar o nivel dos ollos. Recuerda axustar o brillo da túa pantalla. Nin o teclado nin o rato deben estar ao fío da mesa, deixa marxe para poder apoiar ben os antebrazos.

Silla: é aconsellable que a túa cadeira sexa xiratoria e con 5 patas. Ademais, a altura e a inclinación deberían ser regulables e os reposabrazos axustables para que non choquen coa mesa.

Mesa: de cor suave, con bordos redondeados e sen saíntes. De tamaño suficiente para que che caiban todos os teus papeis, bolígrafos, teléfonos, ordenadores, cuncas de café…

Con estes tips básicos poderás previr todo tipo de molestias que poida ocasionarche o teu posto de traballo. É importante coñecer os riscos para actuar e conseguir adoptar a mellor postura na nosa oficina.