Modelo blog

A declaración censual para montar a túa empresa

Temas: Autónomos, Empresas
Publicado o: 07/11/2018
Declaración censual

A declaración censual é un trámite obrigatorio para iniciar calquera actividade profesional. Tamén se utiliza para realizar calquera modificación ou para o cesamento de actividade do autónomo. Para darse de alta cómpre presentar o impreso 036 (réxime ordinario) ou o 037 (réxime simplificado) na Delegación de Facenda.

Desta maneira, o autónomo conseguirá o seu NIF ou NIE.

NIF e NIE - Que son o NIF e o NIE?

Ambos os dous documentos son a identificación que utilizan persoas que residen ou traballan en España.

NIF: Número Identificación Fiscal

É un número de identificación fiscal. É a clave que permite identificar as persoas para realizar actividades mercantís. No caso dun cidadán español, está formado por 8 números e un díxito de control. É o mesmo número do DNI (Documento Nacional de Identidade) emitido polo Ministerio do Interior Para persoas xurídicas o código consiste en 7 números e un díxito de control (CIF-código de identificación fiscal).

É obrigatorio e supón unha garantía para facer negocios, xa que, pódese indagar a autenticidade do número e, por conseguinte, da persoa.

NIE: Número de identificación do estranxeiro

É emitido pola Dirección Xeral de Policía para os non nacionais con permiso de residencia.

Está composto por unha letra, 7 números e un código de verificación. Supón unha garantía tanto para a súa estancia no país como para poder traballar no mesmo. 

O NIF e NIE imprescindible nas facturas

O NIF e NIE son datos obrigatorios nun modelo de factura.

Se o destinatario da factura é tamén un autónomo ou profesional, ten que constar tamén o seu NIF ou NIE.

Do contrario, a factura non terá ningún tipo de validez para a Axencia Tributaria.

Os impostos a Facenda

Os pagamentos de impostos realízanse en cada factura con

  • A retención que hai que incluír Se, ao facer a declaración do IRPF, as retencións practicadas son diferentes ao que correspondería polos ingresos anuais, realízase o axuste con Facenda mediante unha devolución ou ingreso.
  • IVE correspondente á actividade Trimestralmente realízase declaración do IVE soportado e repercutido

Documentación necesaria para darse de alta

  • Impreso 036
  • Fotocopia e orixinal do DNI
  • Impreso de alta no IAE.

Cando hai que darse de alta?

Antes do inicio de calquera actividade, o futuro autónomo debe darse de alta na súa actividade. Non poderá xerar ningunha factura sen estar dado de alta.

Antes da entrada en vigor, en xaneiro de 2018, da Lei de Reformas Urxentes do Traballador Autónomo, o proceso de alta en autónomos iniciábase coa alta en Facenda e logo, cun prazo de 30 días, coa alta no RETA.

Desde o 1 de xaneiro de 2018, coa entrada en vigor da nova Normativa, a alta no RETA debe realizarse antes do inicio da actividade, concretamente ata 60 días antes. A alta en Facenda realízase máis tarde, aínda que é aconsellable realizaro no mesmo día.

Darse de alta na declaración censual é un trámite gratuíto para calquera autónomo.