Como desinfectar as mans

A desinfección con produtos a base de alcohol é un excelente medio para desactivar de xeito rápido e eficaz unha gran diversidade de microorganismos potencialmente nocivos presentes nas mans.
A Organización Mundial da Saúde (OMS) recomenda a desinfección a base de alcohol, incluso no sector sanitario, polos seguintes motivos:
- A súa actividade microbicida, rápida e de amplo espectro, reporta vantaxes intrínsecas e baseadas en evidencias, cun risco mínimo de xerar resistencia aos axentes antimicrobianos.
2. É apropiado en lugares apartados ou con recursos limitados que non dispoñan de lavabos ou outras instalacións para a hixiene das mans (auga limpa, toallas, etc.).
3. Fomenta unha maior frecuencia na hixiene das mans, xa que é máis rápido, máis conveniente e inmediatamente accesible.
4. Reduce ao mínimo o risco de efectos adversos, xa que é máis seguro, máis aceptable e mellor tolerado que outros produtos.
5. Reporta beneficios económicos, xa que reduce o custo anual da hixiene das mans, que representa aproximadamente un 1% do custo adicional xerado polas infeccións asociadas á atención sanitaria.
Tanto é así, que a propia OMS elaborou unha “Guía para a elaboración a nivel local de formulacións recomendadas para a desinfección das mans’’:
Material necesario (produción a pequena escala)
- Etanol (alcohol etílico) ao 96 %: 8333 ml
- Peróxido de hidróxeno ao 3 %: 417 ml
- Glicerol ao 98 %: 145 ml
- Auga destilada estéril ou fervida fría
Método para a elaboración de 10 litros
Poden prepararse en botellas de vidro ou plástico de 10 litros, con tapón interior de rosca.
Cantidade de produto recomendado:
FORMULACIÓN 1
|
FORMULACIÓN 2
|
Etanol ao 96 %: 8333 ml |
Alcohol isopropílico ao 99.8 %: 7515 ml
|
Peróxido de hidróxeno ao 3 %: 417 ml
|
Peróxido de hidróxeno ao 3 %: 417 ml
|
Glicerol ao 98 %: 145 ml |
Glicerol ao 98 %: 145 ml |
Como prepararo:
1) Vierte o alcohol estipulado na botella.
2) Engade o peróxido de hidróxeno coa probeta.
3) Engade o glicerol cunha probeta. O glicerol é moi viscoso e adhírese ás paredes da probeta, polo que deberá limparse esta con auga destilada estéril ou fervida fría antes de verter o seu contido na botella ou depósito.
4) Chea a botella ata a marca de 10 litros con auga destilada estéril ou fervida fría.
5) Unha vez terminada a preparación, coloca a tapa ou o tapón de rosca da botella ou depósito canto antes para evitar a evaporación.
6) Mestura a solución axitandoa suavemente ou mediante un axitador.
7) Distribúe inmediatamente a solución entre os recipientes finais (por exemplo, botellas de plástico de 500 ou 100 ml), e pon as botellas en corentena durante 72 horas antes de utilizaras. Durante ese tempo, as esporas presentes no alcohol ou nas botellas novas ou reempregadas serán destruídas.
Fonte: Organización Mundial da Saúde.