Beneficios da programación neurolingüística no ámbito empresarial

A programación neurolingüística (PNL) defínese como unha técnica de comunicación, desenvolvemento persoal e psicoterapia, que sostén que existe unha conexión entre os procesos neurolóxicos ("neuro"), a linguaxe ("lingüística") e os patróns de comportamento aprendidos a través da experiencia ("programación").
A aplicación desta técnica permitiría actuar sobre estes tres procesos para acadar obxectivos específicos en calquera aspecto da vida (persoal, laboral, terapéutico, etc.).
Segundo a forma predominante en que perciben a realidade, a PNL divide ás persoas en tres grandes grupos:
- Visuais: caracterizadas por ser organizadas, falar rápido e de forma precisa, e buscar a perfección prestando atención aos detalles.
- Auditivas, con capacidade para escoitar aos demais, facilidade cos idiomas, de personalidade moi analítica e non impulsivas na toma de decisións.
- Kinestésicas, con pouca preocupación pola orde, preferencia da comodidade sobre a dificultade e proclives a relacionarse con outras persoas.
Segundo os principios desta técnica, é desexable que cada persoa conte con características de cada un destes tres tipos. Para iso, ofrece ferramentas para identificar os puntos febles e mellorar as habilidades comunicativas e interpersoais.
No ámbito empresarial, a PNL diríxese principalmente a potenciar a capacidade de aprendizaxe, o liderado e o pensamento estratéxico. Entre os seus principais beneficios destacan:
- Mellora do coñecemento persoal e as habilidades de liderado.
- Potenciación das relacións cos compañeiros de traballo, para a mellora do traballo de equipo e a consecución con éxito dos obxectivos colectivos, por diante dos individuais.
- Xeración dun clima de confianza con clientes e provedores, coa mesma misión de acadar os obxectivos empresariais. Ademais, a PNL permite dispor de recursos para negociar de forma eficiente e resolver eventuais conflitos.
- Potenciación da aprendizaxe de novas habilidades, a creatividade e a expresión.
En definitiva, todos estes aspectos contribúen a mellorar o clima organizacional e favorecer o crecemento persoal de todos os traballadores, co fin último de acadar o éxito empresarial.
Fonte: RRHH dixital, Factor Humà, Economía 3, Euroinnova, IMF.