Modelo blog

5 consellos para que a desconexión dixital sexa plena

Temas: Empresas
Publicado o: 08/08/2023
Lectura estimada 3 minutos

A dixitalización, a tecnoloxía, o teletraballo e, en xeral a hiperconectividade, fan necesario que agora, en período vacacional, sexamos capaces de desconectar dos dispositivos dixitais. E é que, por veces, aínda estando de vacacións, é inevitable consultar o correo electrónico do traballo ou estar preocupado por se acontece algo no medio laboral. É por iso que deixamos uns consellos para que a desconexión dixital sexa plena: 

  1. Apaga as notificacións. A recepción de notificacións pode supor unha distracción, ademais de romper a concentración mentres estás centrado noutras actividades. De feito, distintos estudos detallan que recibimos unha media de 60 notificacións diarias, que terminan por acaparar a nosa atención.
  2. Programa o tempo que estarás sen utilizar pantallas. Moitos móbiles hoxe en día contabilizan o tempo que estás diante das pantallas e, ademais, mediante apps permiten limitar este tempo. Aínda que ao principio poida que se chegue máis facilmente a este límite, pode ser unha maneira de reeducar o uso do móbil e administrar de mellor maneira o seu uso. Estas apps, ademais, permitiranche ter unha conciencia real do uso que lle dás ao móbil, pois calcúlao a diario e semanalmente.
  3. Busca alternativa offline. Estamos tan acostumados ás pantallas que inclusas actividades como ler ou xogar, por exemplo, ao parchís, e incluso o espertador, tamén realizámolas dixitalmente. Buscar alternativas offline, que che permitan desconectar das pantallas, tamén favorecerá a desconexión dixital.
  4. Prioriza a compañía. Isto é, sinxelamente, móbiles fóra. Deixar o móbil fóra da mesa onde séntasche con alguén a falar e a compartir momentos, por exemplo, axudarache a volver gozar das charlas e non estar tan atento ao que pasa na vida en liña.
  5. Considera os días de vacacións como o que son, días de desconexión. Podes aproveitar algunha saída con amigos, un paseo, ou algunha actividade como facer deporte, para deixar o móbil na casa.

Ao final, do que se trata, é de adquirir pequenos hábitos que che permitan desconectar dixitalmente e permítanche volver ao traballo cunha maior sensación de descanso.