Laboratorio de ergonomía

Publicado o: 15/12/2015

A ergonomía estuda as capacidades do ser humano, aplicando coñecementos e tecnoloxías coa finalidade de adaptar o medio e as tarefas ás persoas, contribuíndo ao seu benestar físico, mental e social.

Situado no centro de Mutua Universal no polígono Arazuri-Orcoyen (Navarra), ofrece un servizo de referencia e diferencial, como pioneiro en España na prevención de lesións e baixas repetitivas de longa duración mediante a busca de solucións a problemas músculo-esqueléticos que afectan ao medio laboral.

Dispón de taller de simulacións e laboratorio de ensaios e instrumentación coas técnicas e medios máis avanzadas.

Especialización

Equipo multidisciplinar

Colaboración de enxeñeiros, fisioterapeutas e outros especialistas en saúde laboral.

Divulgación

Análise, busca de oportunidades e solucións para a mellora dos postos de traballo e divulgación entre toda a comunidade empresarial.

Unidade de investigación

Deseño e modificación de postos de traballo para eliminar riscos e aumentar a produtividade.

Formación

Programas de formación, campañas de prevención e elaboración de publicacións específicas.


Liñas de traballo

Investigación aplicada

  • Elaboración de boas prácticas para reducir e previr os trastornos musculoesqueléticos e mellorar as condicións dos postos de traballo.
  • Difusión do coñecemento e cultura preventiva relacionada coa ergonomía.

Estudos ergonómicos

  • Análise biomecánica para a obxectivación dos esforzos desenvolvidos e as posturas e os movementos adoptados.
  • Estudos comparativos de ferramentas, útiles ou procesos.
  • Estudos para buscar oportunidades de mellora, tanto técnicas coma organizativas.

Beneficios

  • Mellora das condicións de traballo.
  • Redución das baixas de longa duración por lesión.
  • Redución do absentismo.
  • Maior compromiso dos empregados, que perciben melloras nas condicións de traballo con técnicas avanzadas.
  • Aumento da produtividade da empresa.

Que podemos facer por ti?
Se cumpres con estes requisitos:

  • Se os teus indicadores de sinistralidade aumentaron con respecto ao ano anterior.
  • Se tiveches algunha enfermidade profesional de orixe músculo-esquelético.
  • Tes feita a avaliación de riscos ergonómicos.
  • Necesitas axuda para:
    • Encontrar solucións axeitadas para evitar os trastornos musculoesquléticos que está sufrindo o teu cadro de persoal.
    • Seleccionar ferramentas e equipos ergonómicos.
    • Introducir un exoesqueleto.
    • Redeseñar a túa instalación.
    • Limitar o grao de esforzo nas tarefas.
    • Atenuar o impacto por movementos repetitivos.