Compromisos públicos

Publicado o: 22/06/2016
Publicado o: 22/06/2016

Mutua Universal, xunto a 26 empresas máis, uniuse no 2015 á rede “Empresas por unha Sociedade Libre de Violencia de Xénero”, que desenvolve o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.

Logo

A nosa entidade é consciente da problemática social existente e da necesaria implicación de todos os axentes sociais na prevención da violencia de xénero. É por este motivo que ofrecemos a máxima colaboración co devandito ministerio para contribuír, cos medios ao noso alcance, en prol de favorecer a sensibilización ante a violencia de xénero.

Para Mutua Universal a saúde das persoas é o máis importante, entendida como un estado completo de benestar físico e social. Como somos conscientes de que a violencia de xénero afecta a todos os niveis da vida social dunha persoa (incluído o ámbito laboral), promovemos accións de sensibilización co obxectivo de lograr unha sociedade máis saudable, é dicir, libre de violencia de xénero.


A violencia de xénero defínese, segundo a Lei órgánica 1/2004 do 28 de decembro, como “A manifestación da discriminación, a situación de desigualdade e as relacións de poder dos homes sobre as mulleres e exércese sobre estas por parte de quen sexa ou fose o seu cónxuxe ou de quen estea ou estivese ligado a elas por relacións similares de afectividade, aínda sen convivencia”, e “Comprende todo acto de violencia física e psicolóxica, incluídas as agresións á liberdade sexual, as ameazas, as coaccións ou a privación arbitraria de liberdade.”


A violencia de xénero non só se recoñece por unha agresión física, existen certos comportamentos, actitudes ou comentarios de control que son evidencias de violencia psicolóxica, tanto por parte de homes como de mulleres. Algúns destes signos son: (información dispoñible na páxina web do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade)

  • Ignora ou despreza os teus sentimentos con frecuencia.
  • Ridiculiza, insulta ou despreza as mulleres en xeral.
  • Humíllate, berra contigo ou insúltate en privado ou en público.
  • Ameaza con facerche dano a ti ou á túa familia.
  • Agrediute algunha vez fisicamente.
  • Íllate de familiares e/ou amizades.
  • Forzoute a manter relacións sexuais en contra da túa vontade.
  • Contrólache o diñeiro e toma as decisións por ti.
  • Non che permite traballar.
  • Ameaza con quitarche as túas fillas e fillos en caso de deixalo.
  • Controla a túa maneira de vestir.
  • Non expresas as túas opinións libremente por medo á súa reacción.
  • Revisa o teu teléfono móbil e as redes sociais.
  • Continuamente sénteste inferior á túa parella.
  • A túa parella amosa celos frecuentemente.
  • Deixaches de saír co teu círculo de amizades porque “non lle caen ben”.

Para empezar, recomendamos pórse en contacto co teléfono gratuíto de información e asesoramento xurídico 016, servizo público posto en marcha pola Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero, en funcionamento as 24 horas do día. Este servizo garante a confidencialidade dos datos das persoas usuarias e atende en 51 idiomas.

Así mesmo, na páxina web do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade existe unha web de recursos de apoio e prevención ante casos de violencia de xénero (WRAP). Este espazo permite a localización dos recursos policiais, xudiciais e de información, atención e asesoramento, máis próximos a unha localidade: http://wrap.seigualdad.gob.es/recursos/search/SearchForm.action

Ademais destes mecanismos externos, os empregados de Mutua Universal dispoñen dun procedemento para a prevención e resolución de conflitos por acoso psicolóxico no traballo e/ou acoso sexual e/ou razón de sexo, así como un Código de conduta e unha Canle de integridade.

Campañas da Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero

En liña co compromiso adquirido, axudamos a difundir as últimas campañas postas en marcha pola Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero.

 


O auxe das novas tecnoloxías comportou a aparición de novas canles de control e acoso. Preto dun 73% da poboación feminina de todo o mundo que utiliza as redes sociais experimentou ou estivo exposta a algunha forma de violencia, segundo se subliña no informe da Comisión de Desenvolvemento Dixital da ONU. Porén, non hai que esquecer que tamén existen casos de violencia exercida por mulleres sobre homes.  

Existen varios signos de violencia de xénero a través das novas tecnoloxías, como o control de chamadas e mensaxes no teléfono móbil, a prohibición ou control dos perfís persoais en redes sociais, o acoso a través de chats, etc. Incluso existen casos en que se colgan fotografías degradantes das parellas ou ex-parellas en Internet.

Desde Mutua Universal, en liña co noso compromiso por unha sociedade libre de violencia de xénero, queremos concienciar sobre esta problemática social que afecta, sobre todo, as novas xeracións que están continuamente conectadas ás redes sociais e son vulnerables a sufrir violencia de xénero por parte das súas parellas (control) ou por persoas descoñecidas (acoso). É por este motivo que creamos carteis de concienciación para sensibilizar a poboación sobre esta problemática social:

Cartel_sensibilizacion_violencia_de_xenero