Sensibilización en seguridade

Publicado o: 14/01/2016
Sensibilización en seguridade

As campañas de promoción da seguridade están dirixidas a aquelas empresas que son conscientes de que a prevención non só é función da empresa, senón que esta se constrúe a partir dunha actitude e aptitude axeitada de quen participa no proceso produtivo da compañía. Neste sentido, poden ser de utilidade para aquelas organizacións que están traballando na mellora das súas condicións de traballo, e queiran ademais estimular, motivar e impulsar os seus traballadores cara a comportamentos e hábitos responsables.