Que podo facer para evitar o cancro de mama?

Publicado o: 03/10/2018

O código da Comisión Europea contra o cancro deixa absolutamente claro que a dieta é, canda o tabaco e a exposición a substancias carcinóxenas, un dos factores máis importantes relacionados co cancro.

Lee o contido completo en Infermeravirtual.com

Factores de risco modificable (factores asociados aos estilos de vida) 

Durante os últimos anos fixéronse numerosos estudos sobre a relación entre alimentación e cancro, e, aínda que os resultados por veces son contraditorios, si se estableceu unha relación directa entre a aparición dalgúns tumores e os hábitos alimentarios. De feito, certas pautas dietéticas poden ser máis determinantes na aparición dalgúns tipos de cancro que a herdanza xenética. En consecuencia, moitos cancros pódense evitar se se adopta un estilo de vida saudable.

En condicións normais o sistema inmunitario detecta e destrúe as células malignas (tamén coñecidas como canceríxenas ou cancerosas) con trazos típicos de comportamento e crecemento descontrolado. Este sistema necesita, para funcionar de maneira óptima, determinados nutrientes (fundamentalmente vitaminas e minerais) que acheguen unha alimentación equilibrada. A desnutrición, isto é, a falta non só cuantitativa, senón tamén cualitativa na dieta habitual, repercute negativamente no sistema inmunitario, xa que diminúe a súa eficacia preventiva no desenvolvemento de tumores.

Por outra banda, o cancro afecto directamente o estado nutricional, xa que altera o metabolismo do corpo e provoca unha perda de apetito. No que fai ao metabolismo, increméntase a demanda de enerxía (é dicir, necesítanse máis calorías) e prodúcense cambios individuais na capacidade do corpo para descompor os carbohidratos, as proteínas e as graxas. Todo isto provoca a perda de músculo e de graxa. A perda do apetito asociado co cancro probablemente é o resultado de cambios físicos, pero tamén pode deberse a unha resposta psicolóxica á enfermidade.

Por todo iso cómpre facer unha boa prevención, seguindo uns hábitos de alimentación correctos, é dicir, adoptando unha alimentación saudable. Tamén durante e despois do tratamento (xa sexa cirurxía, radioterapia ou quimioterapia) é moi importante manter o mellor estado nutricional posible, xa que todos estes tratamentos, en menor ou maior grao, dan lugar a unha serie de alteracións dixestivas, como poden ser: perda de apetito, náuseas, vómitos, gases, diarreas, estreñimiento, secura de boca e alteracións do gusto e o olfacto.

Alimentación e cancro: prevención

cancer de mama
  • Dieta: Algúns estudos afirman que as dietas ricas en graxas ou pobres en fibra ou vitaminas A ou E poden favorecer o risco de cancro.

  • Obesidade: O exceso de peso aumenta o risco de cancro de mama, especialmente en mulleres que xa pasaron a menopausa. 

  • Consumo de alcohol: O consumo de alcohol incrementa o risco de cancro de mama.

  • Exercicio: Diferentes estudos demostraron que as mulleres que fan exercicio regularmente teñen menos risco de desenvolver un cancro (entre un 30 % e un 40 % menos que as mulleres sedentarias) e, polo que parece, o estróxeno ten un papel importante neste aspecto. As mulleres con altos niveis de estróxeno no sangue teñen máis risco de ter un cancro de mama. O exercicio diminúe os niveis de estróxeno no sangue e así contribúe a diminuír o risco de cancro de mama nunha muller. Ademais, despois da menopausa esta hormona prodúcena células graxas. As mulleres que fan máis exercicio teñen menos graxa e polo tanto producen menos estróxenos. Previr o cancro de mama a través do exercicio é unha das mellores prácticas que unha muller pode adoptar para coidar a súa saúde.

  • Embarazo e lactación: 
    - Embarazo: o primeiro embarazo despois dos 30 anos tamén aumenta o risco.
    - Mulleres que nunca tiveron fillos.
    - A terapia hormonal substitutiva: esta terapia utilízase para mellorar os síntomas da menopausa e, aínda que os estudos non son concluíntes, parece que a longo prazo podería aumentar o risco de cancro de mama.