Febre: que necesitas saber?

Temas: Saúde | Tipos: Artigo
Publicado o: 26/04/2018

Ver o contido completo en Infermera Virtual

1. Que é a febre?

Que é a febre?

febre é o aumento de temperatura corporal por riba das cifras consideradas normais. Existen variacións individuais de temperatura ligada á natureza de cada persoa.

Normalmente acompáñalle un estado de malestar, intranquilidade e por veces estupor.


2. Cando teño febre?

  • Subfebril ou febrícula: temperatura axilar entre 37,5 e 38 ºC.
  • Febre moderada: temperatura axilar entre 38 e 39 ºC. 
  • Febre alta: temperatura axilar entre 39 e 40,5 ºC. 
  • Febre moi alta ou hiperpirexia: temperatura axilar superior a 40,5 ºC. É unha situación de compromiso vital que pode provocar grandes danos na persoa.

3. Como actuar con febre?

Como actuar con febre?

Medidas xerais

Durante a fase de calafríos:

  • Limitar a actividade física e as fontes de estrés emocional.
  • Manter a temperatura ambiental entre 21-22ºC.
  • Non retirar a roupa e ofrecer mantas e roupa suplementaria.
  • Hidratar con auga e zumes.
  • Proporcionar unha dieta branda e rica en nutrientes. 

Durante as fases de meseta e declinación

  • Limitar a actividade física e as fontes de estrés emocional.
  • Manter a temperatura ambiental entre 21-22 ºC.
  • Evitar o exceso de abrigo sen provocar calafríos.
  • Manter secas as pezas de roupa de vestir e a roupa de cama.
  • Hidratar con auga e zumes.
  • Proporcionar unha dieta branda e rica en nutrientes.
  • Manter as mucosas da boca limpa e húmidas.

Médidas físicas

  • Baños de auga morna: 2ºC por debaixo da temperatura corporal que teña a persoa.
  • Pulverizar a pel con auga morna.
  • Aplicar sobre a superficie cutáneas toallas ou compresas empapadas en auga morna.
  • Aplicar fontes de aire (ventilador).

Medidas farmacolóxicas

Os fármacos que se empregan para tratar a febre denomínanse antitérmicos ou antipiréticos.


4. Situacións de alerta e especial atención (adultos en idade laboral):

  • Temperatura máis elevada de 40 ºC.
  • Febre que non desaparece coas medidas farmacolóxicas recomendadas despois de tres días de utilización.
  • Cando hai enfermidades previas (enfermidades cardíacas, hepáticas, renais, procesos tumorais, enfermidades do sistema inmunitario, (por exemplo, VIH), enfermidades endócrinas (por exemplo, diabete), etc.
  • Cando se fan tratamentos farmacolóxicos do tipo corticosteroides.
  • Durante o embarazo ou en período de lactación
  • Cando canda a febre aparecen outros síntomas como:
    • Dor moi forte de cabeza. 
    • Vómitos continuos.
    • Dificultade ao respirar.
    • Rixidez de caluga.
    • Sensibilidade non habitual á luz, desorientación ou cambios no seu comportamento habitual.

5. Recomendacións

Ventilar o cuarto:

  • Cuarto ventilado e ambiente tranquilo e relaxado.
  • Proporcionar espazos amplos ou ben que haxa un número reducido de persoas.

Manter unha boa hidratación e nutrición:

  • Manter unha hidratación axeitada con auga e zumes para previr a deshidratación.
  • Non deben empregarse estimulantes como o café, o té ou a cola, xa que estes son diuréticos e poden favorecer á deshidratación. 
  • Manter unha nutrición equilibrada con alimentos enerxéticos de alto contido vitamínico e proteico (por exemplo, iogur, ovo, batidos de froita, etc.), en inxestas pequenas e frecuentes.
  • Manter hidratada e limpa a mucosa oral para manter a hixiene bucal: cepillo dental, dentífrico, colutorios e auga.

Favorecer os cambios de posición:

  • Diminuír a actividade física e favorecer os períodos de descanso.
  • Utilizar roupa cómoda e lixeira para favorecer o movemento e diminuír a sudoración. 
  • Se a persoa está postrada en cama, favorecer os cambios de postura
  • Intentar repousar e durmir o máximo posible
  • Aumentar o confort da persoa coas seguintes actuacións segundo as medidas xerais, físicas e farmacolóxicas indicadas.

Priorizar as actividades do día a día:

  • Comprender a importancia do repouso para tratar a febre. 
  • Recoñecer que a febre é unha situación pasaxeira na maioría dos casos.
  • Intentar diminuír a ansiedade que por veces xera o absentismo laboral ou o feito de non poder realizar as actividades cotiás. 
  • Aproveitar os momentos sen febre e maior confort para realizar aquelas actividades que a situación permita e produzan satisfacción.

6. Aclaracións:

Aclaracións:
  • A febre non é unha enfermidade en se mesma; é un síntoma de defensa do organismo ante certos axentes externos.  
  • Débese evitar a aplicación de xeo sobre a pel, os baños con auga fría e as friccións con colonia ou alcohol.
  • Non deben tomarse antibióticos sen prescrición médica.
  • A febre non tratada non segue subindo de maneira incontrolada. Con tratamento, a temperatura non baixa ata os límites normais, senón que os antitérmicos logran unha redución de temperatura de entre 1 ºC e 1,5 ºC.
  • A desaparición da febre tras a administración dun antitérmico non indica a desaparición da causa.
  • A presenza de febre alta non indica necesariamente que a causa sexa grave.