Como previr a gripe estacional

Publicado o: 03/10/2018

A gripe é unha enfermidade respiratoria infecciosa aguda producida polo virus da gripe. Unha das características máis importantes desta enfermidade é a súa elevada capacidade de transmisión dunha persoa a outra.

A gripe preséntase xeralmente nos meses do inverno (de novembro a marzo) e en forma de epidemia.

O virus gripal teñen unha gran capacidade para sufrir variacións o que implica que cada tempada aparezan novo virus gripal para os que o ser humano non ten protección. Por este motivo a vacina debe actualizarse cada ano.

Que síntomas produce?

Prevención gripe embarazo

Caracterízase pola aparición dos seguintes síntomas: comezo brusco con calafríos e febre acompañada de dor de cabeza, dores musculares e articulares xeneralizados, cansazo, malestar xeral, conxestión nasal, dor de gorxa e tose seca.

É unha enfermidade grave?

A maior parte das persoas que padecen a gripe recupérase en menos dunha semana sen necesidade de tratamento ou coidade hospitalario. Porén, por veces, a gripe pode complicarse e producir bronquite ou pneumonía bacteriana como complicacións máis frecuentes.


Como transmítese?

A transmisión prodúcese dunha persoa doente a unha sa, fundamentalmente por vía aérea a través das gotitas que se eliminan ao falar, tusir ou espirrar. Tamén pode transmitirse por contacto directo, é dicir, ao tocar superficies contaminadas polo virus como, por exemplo, a man dun doente e posteriormente levarse a man á boca ou ao nariz.

As persoas doentes son capaces de transmitir a gripe desde un día antes do comezo dos síntomas ata uns 3 a 7 días despois do comezo dos mesmos.

Pódese previr a gripe?

A única medida eficaz para previr a gripe é a vacinación. A vacina protexe da gripe que circula ese ano. Non protexe doutras enfermidades víricas como o arrefriado común (catarreira) etc.


Por que tes que vacinarche?

Gripe embarazo

A gripe é unha enfermidade infecciosa aguda altamente contaxiosa. Transmítese facilmente ao tusir, espirrar ou mediante as segregacións nasais.

Calquera persoa pode ter gripe e xeralmente recupérase nunha semana sen necesidade de tratamento ou coidado hospitalario. Porén, por veces, a gripe pode complicarse.

Estas complicacións poden ser especialmente graves en persoas de alto risco como as de maior idade ou persoas que teñen unha enfermidade crónica como diabete, afeccións cardíacas e enfermidades respiratorias, patoloxías que poden sufrir unha descompensación, ou ben unha reagudización da súa patoloxía base.