Preguntas frecuentes

No momento de desprazar a unha persoa traballadora pódennos xurdir múltiples dúbidas acerca de enfermidades contaxiosas graves con pouca incidencia en España pero que poden supor un serio perigo ao desprazara a algúns países.

Na páxina web da Organización Mundial da Saúde encontramos información acerca das enfermidades epidémicas e pandémicas.

Enfermidades epidémicas sobre as que podes consultar:

A continuación detallámosche os pasos previos a seguir antes do desprazamento dunha persoa traballadora ao estranxeiro. En todos os casos deberase encher o formulario TA300.

Países da UE, EEE (Espazo Económico Europeo) ou Suíza:

Presentación por parte da persoa traballadora ou a empresa do formulario TA300 diante das Administracións da Tesourería Xeral da Seguridade Social. Se dispón de certificado dixital ou Cl@ve permanente pode acceder ao servizo da Sede electrónica para xestionar telematicamente a súa solicitude, por rexistro electrónico.
 
Países membros UE: Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, República Checa, Croacia, Chipre, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Países Baixos, Polonia, Portugal, Reino Unido, Romanía e Suecia.

Países pertencentes ao EEE: Islandia, Liechtenstein, Noruega.

Así mesmo, o traballador deberá dispor da ( Tarxeta Sanitaria Europea) que se deberá solicitar a través do INSS ou telematicamente.

Países non comunitarios con convenio bilateral e resto de países:

Ademais do formulario TA300, débese encher o formulario adicional correspondente a cada país de destino ante a Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

Países non comunitarios con convenio bilateral: Andorra, Arxentina, Australia, Brasil, Canadá, Chile, Colombia, Ecuador, Estados Unidos, Filipinas, Marrocos, México, Paraguai, Perú, República Dominicana, Rusia, Tunisia, Ucraína, Uruguai e Venezuela.

Guía práctica para traballadores desprazados (Comisión Europea).

Ligazóns relacionadas:

Pomos á túa disposición o compendio Viaxeiro/a Universal, onde poderás informarche sobre as precaucións sanitarias que deben aplicar as persoas traballadoras que se desprazan ao estranxeiro, en función dos riscos e condicións que poidan encontrarse noutros países.

Se unha persoa traballadora protexida por Mutua Universal ten un accidente laboral fóra de España ten á súa disposición a Liña Universal (900 203 203. Desde o estranxeiro 00 34 93 412 33 67).

En función da posible gravidade da lesión, será atendida por un equipo médico que valorará a través do devandito servizo de asistencia telefónica e, de ser medicamente necesario, indicarase o seu traslado a un centro sanitario público.

A partir dese momento, a persoa lesionada pasará a depender da sanidade do país onde estea desprazada.

Casos graves ou ingreso hospitalario

Liña Universal encargarase de solicitar os informes médicos oportunos e, a través do servizo de atención mutualista, remitiraos ao centro asistencial de Mutua Universal responsable da empresa, para que leve a cabo o seguimento do proceso.