Mutua para colaboradores
Comprometémonos

Publicado o: 18/02/2016
Mutua para colaboradores
Publicado o: 18/02/2016

Máis de 8.000 asesores confían en nós. Comprometémonos co teu negocio, personalizamos a nosa resposta e garantímosche un servizo de calidade tanto ás túas empresas como a autónomos.

Sabemos que o despacho profesional compite nun mercado altamente competitivo, que se está transformando rapidamente debido ás novas tecnoloxías, á irrupción de novos formatos e á entrada doutros colectivos profesionais.

Servizos de calidade, interlocución personalizada, respostas rápidas e apoio eficaz son a nosa aposta en cada un dos despachos cos que colaboramos.

Implicámonos en cada empresa ou autónomo da carteira, porque son o teu maior activo e colaboramos activamente para mellorar a túa competitividade, reducir trámites e simplificar procesos.

Se estás interesado en que colaboremos contigo

Publicado o: 18/02/2016

A asistencia médica aos teus clientes é o que máis che importa. E a nós, tamén

Cando un traballador dun dos teus clientes ten un accidente, toda a nosa organización ponse en marcha: os nosos médicos acompáñano durante todo o proceso asistencial, coordinamos os tratamentos para que sexan máis eficaces, concertamos visitas co mellor especialista coa nosa plataforma de telemedicina e axilizamos as probas médicas para evitar listaxes de espera e desprazamentos innecesarios. E, por suposto, a través da nosa zona privada dámosche toda a información para que saibas en todo momento que facemos.


Os teus clientes e o teu negocio son o noso compromiso

Os teus clientes son o máis importante para ti, e por isto construír unha relación de confianza a longo prazo é esencial. Cando che asignamos un interlocutor, pensamos niso. En comportarnos como un socio que se implica, que coñece o teu día a día, os teus retos, os teus problemas, as túas aspiracións e obxectivos. O noso interlocutor é un experto que che axudará a mellorar, a dar resposta ás necesidades dos teus clientes e que che resolverá calquera incidencia.


Axudámoste para que achegas máis valor aos teus clientes

Queremos que os teus clientes estean satisfeitos. E sabemos como facelo. O servizo nun despacho é complexo, con multitude de trámites, consultas e requirimentos aos que dar resposta decontado. Para darche resposta, deseñamos ferramentas en liña que che van simplificar os trámites e eliminarán papelorios, cadros de mando que che ofrecerán unha visión integral en tempo real da túa carteira e de cada cliente. E todo multidispositivo: tableta, PC, MAC ou smartphone. desde calquera dispositivo. E para que saibas que ocorre en cada unha das túas empresas e autónomos disporás de alertas personalizables.


A xestión do despacho

O noso modelo de xestión é flexible, proactivo e dá resposta tanto ás túas necesidades como ás dos teus clientes, sexan do tipo que sexan. En especial aqueles que, pola relevancia na túa carteira, requiren unha atención personalizada.

Cremos nos asesores laborais e na súa importancia para as pemes e autónomos, motor económico da nosa sociedade. Por iso, implicámonos no teu día a día e ofrecémosche un seguimento personalizado de cada caso, empresa e autónomo, con ferramentas e servizos de alta calidade e prestacións que che simplifican, ademais, a xestión do proceso de baixa. 

Axilizamos os procesos e informámoste en todo momento para que poidas xestionar a relación cos teus clientes de forma simple e áxil.