Equipos avanzados de rehabilitación

Publicado o: 10/02/2016

Para atender a rehabilitación dos pacientes e as pacientes, os centros de Mutua Universal están dotados cos equipos tecnolóxicos máis avanzados e profesionais con ampla experiencia e formación que contan co soporte de fisioterapeutas de referencia tanto presencialmente como en liña.

A rehabilitación permite que os pacientes e as pacientes recuperen unha función ou actividade perdida por unha enfermidade ou un traumatismo, dando unha atención sanitaria orientada a evitar na medida do posible ou ben diminuír secuelas e discapacidade e acadar a mellor calidade de vida posible.