Programas de colaboración para a redución da sinistralidade

Publicado o: 14/12/2015

Os nosos programas, encadrados dentro das actuacións que se derivan do Real decreto 860/2018, do 13 de xullo, polo que se regulan as actividades preventivas da acción protectora da Seguridade Social, están dirixidos a empresas que presentan índices por riba da media sectorial ou unha evolución ascendente e sostida da sinistralidade laboral durante varios anos consecutivos.

Dan resposta a un problema para a empresa que afecta directamente á súa produtividade e rendibilidade.

As actuacións desenvolvidas dentro dos programas complementan, sen substituír, as obrigas directas que a persoa empresaria asume, a través da súa modalidade preventiva, en cumprimento do que se establece na Lei 31/95 de prevención de riscos laborais.

Publicado o: 10/04/2026

Programas eficaces para todo tipo de empresas

Publicado o: 10/04/2026

Baseada na ampla experiencia do noso persoal técnico, a nosa metodoloxía para a implantación destes programas adáptase a empresas de diferentes dimensións, sectores de actividade e distintas necesidades en materia de prevención.

Acompañamos a empresa, paso a paso. 

A implantación do noso programa permite á empresa dispor de: 

  • Análise pormenorizada da sinistralidade e das súas causas.
  • Diagnóstico da empresa: unha visión global que axuda a centrar a acción nos aspectos que teñen unha incidencia especial e directa na redución da sinistralidade e, o que é máis importante, na consolidación das melloras implantadas na empresa.
  • Plan de redución de sinistralidade. Unha folla de ruta concreta e programada, orientada á redución da sinistralidade, co apoio en todo momento do noso persoal técnico especializado en prevención.
Publicado o: 10/04/2026

Trabállase conxuntamente coa empresa

Diagnóstico redución sinistralidadeRecollida de información e diagnóstico

Noso diagnóstico parte da análise de tres piares básicos: condicións de traballo e causas da sinistralidade, sistema de xestión e cultura preventiva.

Coa información recompilada, detectamos fortalezas e oportunidades de mellora e propomos recomendacións adaptadas á situación de cada empresa.


plan redución sinistralidade mutuaPlan de redución

Proposta de actuacións concretas orientadas á redución da sinistralidade , establecendo un cronograma de forma consensuada e conxunta entre a empresa e Mutua Universal.

Seguimento das actuacións previstas, contando sempre co apoio da Mutua Universal a través de materiais, ferramentas e persoal técnico especializado en prevención para dar asesoramento. 

A prevención funciona cando a pomos en práctica.


plan redución sinistralidade universalPeche

Trasladamos á empresa as nosas conclusións sobre o desenvolvemento das actividades programadas no marco do plan de redución.

Medir, aprender e seguir avanzando.

Publicado o: 10/04/2026

Beneficios

  • Redución da sinistralidade e custos asociados.
  • Mellora das condicións de traballo, reforzando a integración e a cultura preventiva na empresa.
  • Mellora do clima interno: aumenta a satisfacción laboral e o compromiso do cadro de persoal (engagement).
  • Sostibilidade organizativa: mellor posicionamento no sector. Incremento da produtividade e da competitividade.

 

Necesitas máis información?

Publicado o: 10/04/2026
Publicado o: 10/04/2026

Ponche en contacto co teu técnico/a de prevención de Mutua Universal