Lexislación sobre campos electromagnéticos

Publicado o: 25/02/2019

O Real decreto 299/2016, sobre a protección da saúde e a seguridade das persoas traballadoras fronte aos riscos relacionados coa exposición a campos electromagnéticos (CEM) é a transposición á nosa lexislación da Directiva 2013/35/UE.

É aplicable ás actividades en que as persoas traballadoras estean ou poidan estar expostos a riscos derivados dos campos electromagnéticos como consecuencia do seu traballo.

A guía técnica para a avaliación e prevención dos riscos derivados da exposición a campos electromagnéticos nos lugares de traballo (Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo, 2019) proporciona criterios e recomendacións que poden facilitar ás persoas empresarias e ás responsables de prevención a interpretación e aplicación do Real decreto 299/2016.